viernes, 26 de abril de 2024

STOP BULLYING

Hoxe, venres 26 de abril de 2024, remata a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), unha celebración que se leva a cabo en máis de 124 países á que o noso centro, o CPI Virxe da Cela, leva uníndose dende máis dunha década. O lema da SAME deste ano 2024 é "Transforma-T para (con)vivir", e ten o foco no poder da educación para acabar cos discursos de ocio, aceptar as diferencias e resolver conflitos. 

A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da CME (Campaña Mundial pola Educación), coalición internacional que defende o dereito á educación de todas as persoas. 

Queremos contribuír a alcanzar os Obxectivos do Desenvolvento Sostible (Axenda 2030), traballando en torno ao ODS 4: "Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para toda a vida para todos e todas", e concretamente na campaña de 2024 enfocados no ODS 16: "Promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xusticia para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis". 

O alumnado de 2º da ESO realizou unha curtamentraxe baixo o título "Stop Bullying", examinando os discursos de odio, traballando a aceptación das diferencias e a resolución pacífica de conflitos, e  cuestionando e tratando de mudar as construcións sociais e culturais.

jueves, 25 de abril de 2024

CHARLA PARA AS FAMILIAS: ACOMPAÑAMENTO NO USO RESPONSABLE DAS TICS

O xoves 25 abril 2024 varias familias asistiron ao obradoiro "Convivimos coas TIC", unha iniciativa para o acompañamento no uso responsable das tecnoloxías de información e comunicación levada a cabo grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción. A charla estivo impartida por Martín Mejuto, psicólogo que visita o noso centro de maneira quincenal para impartir ao alumnado formación sobre Educación Emocional (actividade tamén promovida pola Fundación Ayuda en Acción). Martín, que xa coñece aos noso fillos/as, deunos claves ás familias para poder regular o uso das novas tecnoloxías entre a rapazada desde o coñecemento, o acompañamento e a confianza. 







miércoles, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO PREPARACIÓN DISCURSO CME

A coalición galega de Campaña Mundial pola Educación, convidou ao CPI Virxe da Cela un a no máis a  participar nun dos actos da Campaña que se vai a organizar en Santiago de Compostela. En concreto, nunha acción de incidencia, xunto a outros colexios de Galicia, onde o alumnado serán os grandes protagonistas ao poder achegar as súas demandas e preguntas aos gobernantes máis implicados na defensa do dereito á Educación.  

Para preparar o discurso que o noso alumnado levará aos oídos dos nosos representantes políticos nese acto de incidencia política que terá lugar o 4 de xuño no Parlamento de Galicia contaremos co apoio e asesoramento de Andrea Iglesias García, Técnica de Educación para la Ciudadanía Global y Movilización Social de EDUCO, que visitará o noso centro en dúas sesións espaciadas no tempo. O pasado mércores 24 abril 2024 Andrea Iglesias García impartiu o a primeira das dúas formacións previstas, na que a través de xogos e dinámicas, o alumnado de 4º da ESO reflexionou sobre o discurso do odio, xa que  o lema campaña  deste ano 2024 é "Transforma-T para (con)vivir", e ten o foco no poder da educación para acabar cos discursos de ocio, aceptar as diferencias e resolver conflitos.  

Na vindeira sesión formativa, programada para o vindeiro mércores 8 de maio 2024, o alumnado de 4º da ESO pasará a elaborar o discurso que se leerá o vindeiro 4 de xuño diante dos nosos representes políticos no Parlamento de Galicia, onde os 2 voceiros do noso centro trasladarán as súas peticións e reflexións para o cumprimento do dereito humano á educación. 





Charlas concienciación contra o acoso escolar

lunes, 22 de abril de 2024

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA

 A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da Campaña Mundial Pola Educación (CME). Desde Monferosolidario queremos convidarvos a facer unha sinxela actividade co voso alumnado na semana do 22 ao 28 de abril de 2024: -A cada titoría entregarase un póster de Super-T (o superheroe desta campaña) e un modelo de “bocadillos” para fotocopiar e cubrir polo alumnado. -Nos “bocadillos” o alumnado escribirá diferentes mensaxes con ideas para transformar e mellorar o mundo acabando coas inxustizas para que convivamos en paz. -O venres 28 de abril de 2024, como acto de clausura desta Semana de Acción Mundial Pola Educación, os titores/as baixarán co seu alumnado ao patio cuberto a pegar nun panel xigante as súas propostas para transformar o mundo.








jueves, 18 de abril de 2024

Visita á illa de Santa Cruz

 O alumnado de 5º e 6º EP foi a visitar illa de Santa Cruz e a sede do CEIDA. Durante a visita, os nosos nosos acompañantes (expertos do CEIDA), contáronnos a historia do castelo (dende o seu pasado como fortaleza militar, pasando a ser a vivenda de verán de Emilia Pardo Bazán, os seus anos como orfanato ou a súa actual labor como espazo didáctico de divulgación medioambiental. Tal e como aprendimos hoxe, a historia da illa marca o seu pasado protector: social, ambiental e militar.

Ademais, coñecemos as diferentes expecies protexidas que viven na illa, aprendendo a lenda da herba de namorar, o uso do muro do castelo como cetárea ou a historia da pardela cincenta que durante 15 anos, voluntariamente, durmiu por tempadas na recepción dun hotel próximo, ata adicáronlle un maio!

Para rematar, coñecemos a Sven, un escultor alemán que empregando lixo atopado na praia de Muros constriu un transformer de plástico que busca concienciar sobre os destragos que causa o lixo mariño.

















jueves, 4 de abril de 2024

TRANSFORMA-T PARA CON(VIVIR): CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2024



A través do lema “Transforma-T para (con)vivir”, neste 2024 a CME quere visibilizar a loita contra os discursos de odio e como a educación transformadora é a ferramenta para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A coalición galega de Campaña Mundial quere facer unha chamada para que toda a sociedade se mobilice e reclame o cumprimento íntegro dos compromisos políticos en favor do ODS 4, unha Educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas e todos.

Este año queremos poner el foco en identificar las causas y posibles consecuencias del discurso de odio, así como procesos para deconstruir pensamientos y narrativas violentas y construir otras prosociales y transformadoras, al tiempo que desarrollar habilidades necesarias para la convivencia en la pluralidad. En este contexto, la Educación Transformadora para la Ciudadanía Global (ETCG) es clave para hacer frente a la incitación al odio y avanzar hacia sociedades pacíficas, justas e inclusivas que posibiliten el logro de los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS): ODS 4 Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todas las personas, ODS 10 Reducir la desigualdad en y entre los países, ODS 16 Promover sociedades justas, pacíficas e inclusivas.

A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, que ten o obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados, e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo. O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación: a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación. 

lunes, 1 de abril de 2024

PROTECCIÓN DOS ANIMAIS

 

https://www.ivoox.com/o-alumnado-4-ep-entrevista-a-marise-da-audios-mp3_rf_126274120_1.html


Descripción de O alumnado de 4ºEP entrevista a Marisé da protectora de animais de Irixoa

Cales son as principais causas do abandono animal? Que hai que facer cando atopas un animal abandonado?


Marisé, da protectora de animais Francisco de Asis de Irixoa responde tódalas dúbidas plantexadas polo alumnado de 4º...e foron moitas!!!


RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

miércoles, 20 de marzo de 2024

CONSELLO DA INFANCIA

O pasado 20 de marzo de 2024 tivo lugar o 5º Consello Escolar da Infancia no que ven participando alumnado, de xeito rotativo, dos distintos cursos de primaria. Neste Consello, puidemos comprobar como parte das propostas que o alumnado foi facendo xa se atopan en marcha, como por exemplo os clubes de lectura e o equipo de voluntariado da biblioteca. Valoramos a marcha dalgunha outra, como a mellora da limpeza dos distintos espazos do cole. E seguimos traballando sobre outras propostas, como ideas para a mellora do catálogo de libros da biblioteca. Ademáis, deixamos colocado un buzón, para que calquera persoa poida deixar ideas, propostas, queixas, que se tratarán e valorarán nos próximos Consellos. 

Nesta quinta celebración do Consello, podemos xa afirmar, que o alumnado ten interiorizado este espazo como propio, da gusto ver a cantidade de ideas, o bo trato no grupo á hora de expoñelas e escoitar as do resto, e a proactividade para dar solución ás distintas problemáticas que se tratan. Estamos seguras que no próximo trimestre se seguirán materializando as ideas en accións, como por exemplo as sairán do análise do uso dos espazos do patio, no que participou todo o alumnado de primaria. Non podemos estar máis contentas de acompañar ao alumnado no desenvolvemento de habilidades tan importantes como a comunicación, a resolución de problemas, a toma de decisións, o pensamento crítico, a empatía e palpar o sentimento de empoderamento e autonomía ao ver a súa capacidade de influir no entorno. Grazas!











lunes, 18 de marzo de 2024

ESCRIBINDO CARTAS AOS RAPACES E RAPAZAS DA INDIA

Luns 18 de marzo de 2024, ás 12:30 horas, na Biblioteca Escolar. Clase de 4º Educación Primaria, coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, preparan unhas cartas para enviar aos rapaces e rapazas da Konampalli School, na India, dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.





lunes, 11 de marzo de 2024

Donas de sí en infantil

 Dende a etapa de Infantil e dentro do proxecto Donas de sí, as titorías estiveron a traballar o papel importante da familia e o rol das mulleres dentro dela. Este foi o resultado:











martes, 5 de marzo de 2024

"O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.



Aquí vos deixamos o conto narrado polo alumnado de 1º de ESO